Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Palmás falla un penalti no engadido e o derbi do Vao acaba en empate

Gabri Palmás falla un penalti no engadido e o derbi do Vao acaba en empate

Coruxo e Ourense C. F. igualan (1-1), un resultado que lles vale de pouco para escapar da zona de perigo

G24.gal 26/03/2023 19:14

Empate que lles vale de pouco a Coruxo e Ourense C. F. (1-1) para saír dos postos de perigo. No Vao os visitantes estiveron moi preto de acadar o triunfo pero nos últimos dez minutos concederon o gol de Pitu e fallaron un penalti. 

Gabri Palmás adiantara o Ourense C. F. no primeiro tempo despois dunha pena máxima. O Coruxo, que viña de dúas vitorias consecutivas, tivo moitos problemas para xerar perigo na área rival pero atopou no 84 o tanto do empate cun centro de Chiqui que rematou á rede Pitu. No engadido Focareta cometeu penalti e Palmás volveu a coller a responsabilidade. Desta volta o seu lanzamento marchou fóra e malgastou a grande ocasión de conseguir unha vitoria crucial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade