Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo reivindica a estabilidade de Galicia para encarar a recuperación económica

Feijóo reivindica a estabilidade de Galicia para encarar a recuperación económica

Tamén defende a xestión sanitaria dos gobernos autónomicos do PP

G24.gal 15/01/2022 22:04

Alberto Núñez Feijóo defendeu que a estabilidade política é a mellor ferramenta para a reactivación económica e reivindicou a xestión sanitaria dos gobernos autónomicos do PP. Díxoo no congreso dos populares de Castela e León, do que sairá reelixido presidente esta fin de semana Alfonso Fernández Mañueco.

Ante os dirixentes de Madrid, Andalucía, Murcia e Castela e León, o presidente galego defendeu a estabilidade de Galicia fronte á crise política, dixo, que hai en España. A estabilidade, insistiu, é o mellor socio para superar o momento socioecómico que vive o país.

"A mellor ferramenta para a reactivación económica é a estabilidade. Un presidente é aquel que nomea e cesa os seus conselleiros. Non se pode ser presidente do Goberno de España sen ter a facultade de nomear e cesar os seus ministros".

Aos que acusan os populares de estar obsesionados coa economía, Alberto Núñez Feijóo dilles que é a que permite garantir os servizos públicos. E falar de servizos públicos, asegura, é falar do PP.

"A mellor sanidade estase aplicando nas comunidades do Partido Popular. Acaso hai algún Goberno autonómico que metera máis cartos na sanidade que os gobernos do Partido Popular? Acaso non hai un Goberno que crea máis na sanidade pública que os do Partido Popular?".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade