Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo abre a porta a citar a Sánchez ao Senado pero non a muller do presidente

Feijóo abre a porta a citar a Sánchez ao Senado pero non a muller do presidente

Bolaños di que "non hai nada" contra Begoña Gómez e acusa ao PP de intentar "ensuciar"

O Senado reproba ao ministro de Xustiza por "faltarlle ao respecto institucional á cámara"

De momento, Feijóo non contempla chamar a Begoña Gómez ao Senado porque "non é o meu estilo"
G24.gal 03/04/2024 14:29

Feijóo eleva a presión sobre Pedro Sánchez. Confirma que o chamará declarar á comisión do Senado sobre o caso Koldo se antes non aclara as relacións da súa muller con empresas que logo reciben subvencións do Goberno. Pero admite que, de momento, non considera chamar a propia Begoña Gómez por que "non é o meu estilo".

O ministro de Xustiza di que "non hai nada" contra Begoña Gómez e acusa ao PP de querer "ensuciar". Os que seguramente si terán que pasar polo Senado son os ministros Marlaska e Puente. Óscar Puente non ten problema en ir, pero rebaixa expectativas por que "non sei moito deste caso".

A ofensiva popular sobre o Goberno no Senado viviu este mércores un novo capítulo coa reprobación do ministro Bolaños. Segundo o PP, por falta de respecto institucional á Cámara durante a tramitación da lei de amnistía. O ministro dixo recentemente que a soberanía nacional "reside no Congreso" e que o Senado é "só" a representación dos territorios". 

Bolaños é o segundo ministro reprobado nesta lexislatura tras Grande-Maraska, pero el prefire pasar páxina. "Que lle imos facer", ironiza.  

Os populares tamén fixeron valer a súa maioría absoluta na Cámara Alta para reprobar unhas palabras de Pedro Sánchez a Feijóo o pasado mes de marzo no Congreso cando lle dixo a Feijóo que, co seu historial, no PSOE non "chegaría nin a concelleiro de vila". 

A moción insta o presidente do Goberno a retractarse e a modificar a súa política municipal. Minutos antes da reprobación, Feijóo concentrouse ás portas do Senado cuns 300 concelleiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade