Publicador de contidos

Publicador de contidos

Faltou efectividade nun Bergantiños que perde o posto de privilexio

Faltou efectividade nun Bergantiños que perde o posto de privilexio

Caeu por 1-3 diante do Avilés logo de estragar moitas ocasións na segunda metade

G24.gal 08/05/2022 16:01

O Bergantiños perdeu por 1-3 diante do Avilés e non dependerá de si mesmo para meterse na fase de ascenso a 1RFEF. Estragou infinidade de ocasións nun segundo tempo en que mereceu mellor sorte. 

A primeira metade foi controlada polo Avilés que marcou aos 21 minutos grazas ao tino de Kilian. Lemos meteu no descanso a Cristian e a Carlos López e a dinámica do partido mudou. O propio Cristian anotaba o gol do empate no 61. 

O partido era de acoso constante do Bergantiños á procura do segundo gol. Non tivo eficacia e acabouno pagando no 89 cando Morcillo anotou o 1-2. Cos de Carballo xogando á desesperada o galego Iago Díaz marcou o terceiro para o equipo avilesino. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos