Publicador de contidos

Falece un home nun accidente de tráfico en Salvaterra de Miño

Falece un home nun accidente de tráfico en Salvaterra de Miño

Perdeu o control do coche na autoestrada A-52, que vai de Ourense a Vigo

G24.gal 04/11/2021 07:55

Accidente mortal en Salvaterra de Miño. A vítima é un home duns 60 anos. Perdeu o control do coche na autoestrada A-52, que vai de Ourense a Vigo, unha das de maior sinistralidade da rede viaria galega.

Atravesou a vía, arrancou de raíz varios sinais e quedou estampado contra a barreira de seguridade. No momento do sinistro, chovera e o firme estaba esvaradío. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar