Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falamos con Jaume Cuéllar, peza clave do Lugo e da selección de Bolivia, antes da visita ao Eivissa

Falamos con Jaume Cuéllar, peza clave do Lugo e da selección de Bolivia, antes da visita ao Eivissa

O dianteiro foi quen de xogar partidos coa selección e co seu club en menos de 24 horas

G24.gal 01/10/2022 13:42

Espírito loitador. Así se pode calificar a Jaume Cuéllar tralo realizado a semana pasada, ao disputar dous partidos en dous países diferentes en menos de vintecatro horas. O sábado pola noite con Bolivia ante Senegal na cidade francesa de Orleans, e o domingo pola tarde co Lugo fronte o Oviedo.

Así o explicaba o futbolista: "Espertei as 3:45 h da mañá, collemos o autobús, chegamos o aeroporto arredor das 6:00 h. Fomos todos xuntos a Madrid e alí nos separamos, eles marcharon para Bolivia e eu collín o voo á Coruña onde cheguei a iso das 12:00 h e as 13: 00 fíxeno ao hotel".

O dianteiro lucense está en pleno ascenso. De feito, é o segundo xogador da Liga en centros positivos e o terceiro en caneos satisfactorios. Para o internacional boliviano nacido en Granollers, a confianza de Hernán Pérez é a chave do seu bo rendemento. "O adestrador está a darme moita confianza, pídeme que busque moito o un contra un e, sobre todo, que saque moitos centros porque Chris Ramos e Manu Barreiro son moi bos rematadores", afirma o futbolista.

Do seu bo rendemento vai depender que o Lugo volva con algo positivo de Eivisa: "Imos facelo como ata agora, buscando centros, remates,  balón parado, que sabemos que somos fortes e tentar facerlles dano coas nosas armas".

Unhas armas que lle abriron as portas do Lugo e da selección boliviana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos