Extráenlle a unha nena de catro anos unha agulla de dentista que tiña cravada no cerebro
Fora ao dentista e no momento de poñerlle a anestesia, a agulla da xiringa rompeu, quedou cravada na enxiva e acabou penetrando ata o sistema nervioso da pequena
Os cirurxiáns do hospital Sant Joan de Deu, de Esplugues de Llobregat, tiveron que facer unha incisión no cranio da nena para recuperala, unha intervención moi complicada e sen precedentes
Un hospital catalán logra extraer unha agulla de dentista que unha nena de catro anos tiña cravada no cerebro. Todo comezou cando a cativa foi tratar unha carie.
No momento de poñerlle a anestesia, a agulla da xiringa rompeu, quedou cravada na enxiva e acabou penetrando ata o sistema nervioso da pequena.
Os cirurxiáns do hospital Sant Joan de Deu, de Esplugues de Llobregat, tiveron que facer unha incisión no cranio da nena para recuperala, unha intervención moi complicada e sen precedentes.