Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expulsión rigorosa e surrealista dun xogador do Cedeira

Expulsión rigorosa e surrealista dun xogador do Cedeira

O xogador Dani Bella foi expulsado no minuto 57 de partido por derrubar o colexiado

G24.gal 23/12/2025 13:25 Última actualización 23/12/2025 13:38

Nun partido de Primeira Futgal, Cedeira e Perlío loitaban pola vitoria. No saque dun córner, o xogador do Cedeira, Dani Bellas, entra desde fóra da área a rematar un balón nunha acción ensaiada e acaba derrubando a Fernando Caruncho,  o árbitro do partido.

A acción acabou coa decisión máis rigorosa posible, pero baseada na regra 12: a expulsión. O colexiado tardou uns segundos en reaccionar e acabou mostrando a tarxeta vermella directa ao ex-xogador do Somozas de 3ª RFEF entre outros conxuntos.

A acta do partido relata o feito como: "No minuto 57, o xogador (10) Bellas Pérez, Daniel foi expulsado polo seguinte motivo: derrubarme cun empuxón por detrás con uso de forza excesiva co balón en xogo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade