Publicador de contidos

Publicador de contidos

Experiencia para o lateral esquerdo do Deportivo coa fichaxe de Balenziaga

Experiencia para o lateral esquerdo do Deportivo coa fichaxe de Balenziaga

O xogador de 35 anos baixa do Athletic, na Primeira División, á Primeira Federación

G24.gal 10/07/2023 21:00

Mikel Balenziaga xa é xogador do Deportivo para a vindeira temporada. O lateral esquerdo vasco (35 anos) baixa da Primeira División, na que estivo na última década, á Primeira Federación. 

Balenziaga ten unha grande experiencia na máxima categoría (268 partidos en Primeira) e xogou as dez últimas temporadas no Athletic Club. Ben é certo que nesta última campaña apenas tivo participación (só tres partidos). 

Formouse na Real Sociedade e protagonizou en 2008 un traspaso ao gran rival, o Athlétic. Estivo cedido no Numancia e no Valladolid, equipo co que fixo dúas grandes temporadas e gañou o dereito a regresar a Bilbao. Durante catro anos foi o dono do carreiro esquerdo da defensa en San Mamés. Logo tería que alternar con outros xogadores, pero sempre foi un elemento de peso no vestiario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos