España solicita un novo desembolso de 12.000 millóns dos fondos europeos
O Goberno pide o segundo pagamento dos fondos europeos "Next Generatino EU"
Están suxeitos ao cumprimento de compromisos como a aprobación da reforma laboral
Sumaríanse ao primeiro desembolso de 19.000 millóns recibidos en 2021
España acaba de solicitar o segundo desembolso dos fondos do plan de recuperación por un valor de 12 mil millóns de euros.
Convértese así no primeiro dos Estados membros en solicitalo, o que confirmaría que é o país máis adiantado na execución do plan de recuperación.
O desembolso está asociado ao cumprimento de 40 fitos e obxectivos, entre os que destacan medidas para transformar e reequilibrar as relacións laborais e o sistema de pensións.
O novo montante sumaríase aos máis de 19 mil millóns de euros recibidos ata o momento ao abeiro deste plan.