O Celta non pode cun Vilarreal máis efectivo na Cerámica (3-1)
Jackson despexou o camiño con dous goles no treito inicial
Acurtou diferenzas Larsen, pero sentenciou Terrats
Minuto a minuto
Ás 16:15 h comeza no Estadio da Cerámica o partido correspondente á 32ª xornada da Liga entre o Vilarreal e o Celta.
Este é o XI inicial do Celta de Carlos Carvalhal, coa ausencia de Iago Aspas:
📑💙¡A pola VITORIA! ⚔️#VillarrealCelta | #LaLigaSantander pic.twitter.com/vVIRyIibew
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) April 30, 2023
E este é o XI inicial do Vilarreal de Quique Setién
¡Este el once que presenta el Villarreal para medirse al @RCCelta!#VillarrealCelta pic.twitter.com/pOaB6JOs9k
— Villarreal CF (@VillarrealCF) April 30, 2023
Comeza o partido no campo da Cerámica!!!!
GOL do Vilarreal. Jackson marca o 1-0 nun man a man diante de Iván Villar. Tapia quedou tendido na xogada.
GOL do Vilarreal. Jackson marca o segundo logo doutro man a man, desta volta canea cara á dereita e fai o 2-0.
Falta na frontal a prol do Celta, saca directo Óscar Rodríguez e desvía a córner Reina.
Xogada de Cervi pola esquerda, o seu centro remátao Larsen, rexeita Pau Torres.
Falta de Óscar a Yeremy na frontal, González Fuertes indica infracción fóra da área, pero o VAR indica que é penalti.
Parejo lanza o penalti ao estilo Panenka, o balón marcha por riba do traveseiro.
GOOOOOOOOL do Celta. Larsen colle o balón dentro da área e remata raso para facer o 2-1.
Xogada persoal de Jackson, remata raso moi preto do pau.
Xogada persoal de Javi Galán, o seu remate cruzado envíao a córner Reina.
Samu Chukweze marcha totalmente só, pica o balón por riba de Iván Villar, pero o remate marcha desviado.
Dobre ocasión inmellorable para o Celta. Seferovic e Larsen topan sucesivamente con Reina. A xogada quedou invalidada por fóra de xogo.
Descanso na Cerámica. Vilarreal 2-1 Celta.
O Celta pide con insistencia o segundo cartón para Capoue por unha falta sobre Cervi. González Fuertes non lla amosa, e si a Carvalhal pola protesta.
Carvalhal busca a reacción cun triplo cambio: entran Aspas, Gabri Veiga e Fran Beltrán, titulares habituais.
Remate de Larsen por abaixo, rexeita sen problemas Reina.
Outro remate abaixo de Larsen e outra parada de Reina.
GOL do Vilarreal. Rápida contra do equipo castellonenco, e Terrats aparece para facer o 3-1.
O Celta domina pero non consegue rematar as ocasións. Gabri Veiga recolle un rexeitamento e remata, pero o balón sae desviado.
Final do partido na Cerámica. O Celta non puido co Vilarreal, e acabou perdendo por 3-1