O Celta remonta e golea en Balaídos
Un Iago Aspas excelso afasta os celestes do descenso
Minuto a minuto
Comezo o partido en Balaídos!
Polo Celta: Guaita, Mingueza, Unai, Carlos, Hugo Álvarez, Carles Pérez, Jailson, Swedberg, Beltrán, Aspas e Larsen.
Pola UD Las Palmas: Vallés, Cardona, A.Suárez, Perrone, Moleiro, Loiodice, Mika Mármol, Sory Kaba, Munir el Haddadi, Kirian e Herzog.

Balón longo sobre Larsen que saca a defensa canaria a córner! Rematouno Unai á dereita da portería de Álvaro Vallés.
Case a lía Álvaro Vallés ante a presión de Swedberg. Polo de agora o partido non ten dono.
Finalizou Aspas unha xogada iniciada por Swedberg cunha condución cara o centro. O tiro non foi perigoso, de todas maneiras estaba en fóra de xogo.
Gol das Palmas! Adiántanse os visitantes en Balaídos cun cabezazo de Herzog elevándose entre Unai e Swedberg. Guaita quedara a media saída e foille imposible chegar ao balón.
O gol non lle fixo ben a un Celta que estaba intentado levar a iniciativa. Agora son os visitantes quenes tocan máis o balón e os locais quenes buscan recuperarse.

Tremenda xogada de Moleiro que rematou nun córner o cal sacou Guaita nun remate a queimarroupa. O Celta está moi fráxil en defensa.
Ui Carles Pérez! Balón filtrado por Beltrán que Carles rematou demasiado alto cando estaba só ante o porteiro.
Case media hora de partido e ningún dos dous equipos consegu dominar. O Celta busca o gol máis co corazón que co xogo.
Varios minutos de posesión do balón das Palmas de maneira case ininterrompida. Xoga con moita claridade o equipo de García Pimienta ante un Celta que persegue sombras.
Case rouba o balón Swedberg presionando a saída do balón. Agora cun pase longo chegaron ao outro lado do campo. Os visitantes teñen o 64% da posesión.
Errou Larsen! Man a man do dianteiro contra Álvaro Vallés que saca o porteiro a córner. Recrimínalle Aspas que chegaba só polo carril central. O córner non atopou rematador.
GOOOOL DO CELTA! Gol de Iago Aspas coa dereita para poñer as táboas no marcador.
E REMONTA SWEDBERG! Aspas que xa marcara o primeiro filtrou un balón longo para Swedberg que definiu con solvencia o man a man ante Álvaro Vallés. Consegue remontar o Celta cando peor estaba! 6 goles e 7 asistencias esta tempada para Iago Aspas.
Outra máis para o Celta! Jailson definiu coa esquerda demasiado frouxo para xerarlle ningún problema ao gardameta canario. O Celta colleu forza tras os goles e os visitantes seguen noqueados.
TRES DE ENGADIDO! Iremos ata o 48.
DESCANSO EN BALAÍDOS! O Celta remonta o gol inicial de Herzog cun tanto e unha asistencia de Iago Aspas. O segundo marcouno Swedberg. Veremos se na segunda parte ambos equipos melloran defensivamente, materia pendente para os dous.

Xa están os xogadores no campo! Comeza a segunda metade deste encontro decisivo para un Celta que busca afastarse dos postos de descenso. O primeiro gol dos canarios fixo dano pero dúas accións de Aspas remontaron o partido e déronlle aire aos locais, que remataron a primeira parte mellor que os canarios. Cuarta mellor entrada da tempada para unha afección que respondeu á cita.
Buscan ter a iniciativa os visitantes que presionan moi arriba ao Celta. Reclamaba Munir penalti por un suposto manotazo de Hugo Álvarez. Non foi nada finalmente.
Case marca Mingueza! Xogada creada dende atrás do Celta que deixou só ante o porteiro a un Mingueza que fallou buscando a vaselina.
Dúas xogadas consecutivas de perigo do Celta! Primeiro foi Beltrán cun golpeo dende a frontal ao que sacou unha boa man Álvaro Vallés e despois un córner que coa rosca case consegue poñer en problemas ao gardameta.
Agora intentaba saír As Palmas pero o Celta pechou ben os ocos. Está a ser o mellor momento do partido para os galegos que se atopan moito máis cómodos.
Uiiii o Celta!! Gran pase de Hugo Álvarez para un Swedberg que errou só diante de Álvaro Vallés. Tiña pouco ángulo, pero aínda así a ocasión foi moi clara para o sueco.
A que acaba de ter o Celta! Primeiro foi unha internada por banda de Carles Pérez que voltou a sacar o porteiro canario. Na xogada seguinte Jailson consegue rematar coa cabeza un balón que primeiro parou outra vez Álvaro Vallés e despois paseou por diante da liña pero ninguén o tocou para marcar o terceiro.
Cambios nas Palmas! Saen Loiodice e Kaba e entran Sandro e Javi Muñoz.
Parou agora Guaita! Boa xogada das Palmas que finalizou cun remate dentro da área o cal atallou sen dificultade o porteiro celeste. A primeira dos visitantes en bastantes minutos.
Cambios no Celta! Saen Swedberg e Larsen e entran Douvikas e Bamba.
Está comezando a coller algo de aire As Palmas conseguindo finalizar un par de xogadas sen maior perigo. Destaca especialmente Sandro buscando constantemente desmarques ás costas da defensa celeste.
GOOOOL DO CELTA! GOL DE DOUVIKAS! Gran acción de Iago Aspas que conduce o balón dende o mediocampo para cederllo en bandexa a un Douvikas que remataba de entrar. 3-1 para o Celta que consegue poñer distancia no marcador!
OUTRO MÁIS DO CELTA! O segundo de Iago Aspas que hoxe estivo excelso. Dous goles e dúas asistencias para o príncipe das bateas que foi completamente decisivo no partido.

Cambios:
No Celta entran De La Torre e Manquillo e saen Aspas e Beltrán.
Nas Palmas saen Munir e Perrone e entran Pejiño e Fabio.
Case marca o quinto o Celta! Tívoa Hugo Álvarez nun disparo franco diante da área pequena que marchou por arriba.
Trocos no Celta:
Sae Carles Pérez e entra no seu sitio Miguel Rodríguez. Primeiros minutos para o canteirán baixo o mando de Giráldez.
4 de engadido! As Palmas ten o balón pero non xera moito perigo. A piques de rematar o partido.
FINAL DO PARTIDO EN BALAÍDOS! Remontada celtista cun Aspas espectacular que lle da aire aos de Giráldez para colocarse a seis puntos do descenso. Empata a puntos o Celta co Mallorca e o Raio Vallecano, en caso de empate estaría por detrás dos baleares e por diante dos madrileños.