Cargando resultados...
Vigo bótase á rúa para festexar o regreso do EuroCelta
Catro milleiros de afeccionados acompañaron o equipo no Coliseum e os que quedaron na cidade achegáronse á praza de América
Foto: EFE
G24.gal
24/05/2025 22:56
O guión non podía estar mellor escrito. O Celta volve a Europa despois de oito anos e fíxoo cun gol de Iago Aspas, o capitán e estandarte do proxecto na última década. O xogador máis importante da historia do club fai que remate a temporada no sétimo posto con praza na Europa League.