Igualada postremeira do Celta en Sevilla (2-2)
O Sevilla quedou con 10 no minuto vinte pero colleu unha vantaxe de dous goles
Con todo perdido, Miguel Rodríguez e Paciencia marcaron no tempo engadido para darlle ao Celta un empate milagreiro
Minuto a minuto
O Celta visita o campo do Sevilla no mellor momento da temporada. Son seis xornadas sen gañar e pode poñerse de xeito momentáneo no sétimo posto. O rival ten moitas urxencias clasificatorias e o seu adestrador, Mendilíbar, estréase como local
Xa temos XI do Celta. Titularidade para Tapia e Cervi. O resto, os habituais
Pouco máis dunha hora para que comece o partido no Pizjuán@SevillaFC 🆚 @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 7, 2023
Podedes seguilo no minuto a minuto de G24 📲 https://t.co/MDMzpkzPU0
Ou no @GALICIANGOLES 📻 https://t.co/80rqxNYYQS
Os XI 👇 Oportunidade para Tapia e Cervi pic.twitter.com/wGH2zREcLT
Escóitase o himno do Sevilla! Todo preparado para comezar o partido
Centro perigoso de Acuña que saca a córner a defensa do Celta. Comezan forte os locais

En Nesyri entra na área pero Iván Villar está moi atento
Cartón amarelo para Carles Pérez
Expulsado Gueye por dobre cartón amarelo!!!!

Chilena de En Nesyri moi desviada. O Sevilla está moi agresivo despois da expulsión
Rexeite á saída dun córner que Beltrán remata lonxe da portería
Centro perigoso de Hugo que saca con problemas Dmitrovic
Gol de En Nesyri que remata de cabeza un saque de córner

Gran disparo de Renato Tapia!!! A mellor ocasión do Celta no primeiro tempo
Descanso no Sánchez Pizjuán. O Celta xoga desde o 20 cun xogador máis pola expulsión de Gueye pero nun córner os locais aproveitaron para adiantarse no marcador
Troco no descanso. Marcha Cervi e entra Luca de la Torre
Toca e toca o Celta en ataque pero non atopa o xeito de entrar na defensa do Sevilla
Paciencia por Tapia. Vai con todo Carvalhal
Ao poste Paciencia!!!! Centra Aspas e o remate do portugués vai ó ferro
En Nesyri a piques de facer o segundo!!! Centra Acuña e remata rozando o pau o dianteiro sevillista
Ao campo Miguel Rodríguez, Strand Larsen e Óscar
2-0 Golazo de Marcos Acuña. Gran lanzamento desde 25 metros que sorprende a Iván Villar
2-1 GOOOOOL de Miguel Rodríguez. O canteirán remata pegadiño ao poste e estréase en partido oficial co primeiro equipo
2-2 GOOOOOOL de Gonçalo Paciencia. Remate de cabeza do portugués que empata o partido
Expulsado Acuña!!!! Rematou o partido cun empate para o Celta co que ninguén contaba