Sólido en defensa, frouxo en ataque
O Lugo empata sen goles ante o Oviedo
Escasos achegamentos ás áreas, coa mellor ocasión protagonizada por Juanpe
Minuto a minuto
Xa temos os equipos no Anxo Carro. Agardando polos equipos titulares de Lugo e Oviedo
Once do Oviedo!!!
⚔️ Nuestros #GuardianesDelOrgullo ⚔️#DíadePartido#LugoRealOviedo#VamosOviedo 🔵⚪️ pic.twitter.com/CN87xRajSg
— Real Oviedo (@RealOviedo) September 25, 2022
Equipo titular do Lugo. Jesús, Barreiro e Sebas Moyano as novidades no equipo titular
Dúas derrotas seguidas leva o Lugo que tenta recuperar a confianza. O seu rival só sumou dous dos últimos nove puntos. Ámbolos equipos con dúbidas
Nove segundos de partido e primeira ocasión para Borja Bastón!!
Primeiro disparo do Lugo. Ze Ricardo desde lonxe remata moi alto
Remate acrobático de Sergi Enrich que se vai desviado
Téntao Sebas Moyano desde a frontal, hai un rebote e o lanzamento acaba en córner. Moi poucas ocasións no primeiro tempo
Paradón de Whalley. Outra vez avisa o Oviedo antes de cumprirmos o primeiro minuto cun disparo que atopa a resposta do porteiro do Lugo
Ze Ricardo amosa o seu bo disparo desde a esquerda pero marcha á bancada
Juanpe pon a proba a Tomeu Nadal. Presiona o Lugo á procura do primeiro gol
Dobre oportunidade do Oviedo. Primeiro tira Montoro e logo Borja Bastón. Córner a prol dos visitantes
A melloooor do Lugo. Gran cabezada de Juanpe e paradón de Tomeu Nadal. Á saída do córner ocasión para Manu Barreiro
Remate de Loureiro cara a propia porta que salva Whalley!!!!