A solidez do Xetafe frustra a estrea do EuroCelta
O equipo madrileño gañou a pesar de non ter inscritos a boa parte das fichaxes desta temporada
Bryan Zaragoza e Borja Iglesias déronlle outro aire ao equipo no segundo tempo pero o Celta non concretou as ocasións
Minuto a minuto
Comeza o partido

Centro de Mingueza que toca Uche cara a súa propia portería e acaba parando Soria
Remate de Arambarri, por riba do traveseiro
Aspas!!!!!! Pase maxistral de Mingueza e o remate do moañés atópase coa resposta de David Soria
Boa combinación entre Mingueza e Iago Aspas que acaba con remate desviado do lateral
Rematou desviado Diego Rico. O Xetafe está facendo un partido moi incómodo

A mellor do partido para o Xetafe!!!! Uche remata e sae rozando a escadra
Remata a primeira metade en Balaídos. Domina o Celta pero o Xetafe está moi sólido en defensa e xerando perigo no balón parado
Cae Ilaix na área diante de Djené. O colexiado non indica nada
0-1 Gol do Xetafe. Marca Liso. Pase en profundidade sobre Uche, pase atrás e Liso engana a Radu no remate
Entra Sotelo, El Abdellaoui e Bryan Zaragoza, que debuta en partido oficial
Non funciona o Celta e Claudio bota man de Borja Iglesias. Leva a maior ovación da tarde
Acción individual de Bryan Zaragoza, coloca o centro e Aspas non chega por centímetros. Gran ocasión!!!!

Tira Iago Aspas desde fóra da área e obriga a Soria a facer unha boa intervención
Outra máis de Iago Aspas. A entrada de Borja Iglesias revolucionou o partido e Aspas atópase moi cómodo
0-2 Gol de Uche. Erro do Celta en defensa que castiga o dianteiro do Xetafe para canear a Radu e marcar o segundo
Perdeu folgos o Celta despois do segundo gol do Xetafe. Disparo do equipo madrileño que se vai por riba do traveseiro
Córner directo de Mingueza que saca David Soria de puños

Remata o partido en Balaídos. O Xetafe estivo sólido en defensa e tivo pegada en ataque.