Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aspas despide ao grande a bancada de Gol e consolida a liña ascendente do Celta

Aspas despide ao grande a bancada de Gol e consolida a liña ascendente do Celta

Un penalti transformado polo xogador de Moaña permítelle derrotar o Osasuna, co que iguala a 32 puntos

O equipo de Giráldez é o terceiro mellor local da Primeira, con 26 puntos

G24.gal 21/02/2025 18:41 Última actualización 21/02/2025 22:57

Minuto a minuto

O Celta ten unha gran oportunidade para engancharse aos postos que dan acceso a Europa. É 14º con 29 puntos pero a só tres do oitavo clasificado, un Betis que está empatado a puntos co rival desta noite, o Osasuna. O cadro vigués chega nun bo momento despois de gañarlle ao Betis e empatar no Metropolitano. O Osasuna encadea cinco xornadas sen perder aínda que catro deses partidos remataron en empate. 

Xa temos as aliñacións do partido. Tres cambios no equipo titular do Celta. Saen Carlos Domínguez, Beltrán e Pablo Durán para que entren Mingueza, Moriba e Borja Iglesias

Homenaxe de Balaídos a Álex López. O ferrolán estivo no equipo do Celta que volveu á Primeira División

1

Comeza o partido en Balaídos!!!!

3

Primeiro aviso do Osasuna. Despois dun córner acaba rematando Budimir desviado

5

Ocasión de Bryan Zaragoza, fóra.

15

Córner a favor do Osasuna. O balón sae despois e tocar en Sotelo. Piden man. O árbitro di que non hai nada

20

Remata fóra Ilaix Moriba asistido por Fer López

25

Remate cruzado de Bryan Zaragoza que se vai fóra por pouco. Segue chegando máis o Osasuna

34

Chega o Celta despois dunha boa xogada combinativa. Centrou Carreira pero non atopou rematador

38

Centra Marcos Alonso e chapa Sergio Herrera. Tenta sacar o porteiro e a falta de Fer López cústalle o cartón amarelo

43

Borja Iglesias quéixase dun golpe na faciana de Catena xusto na frontal da área. O colexiado non asubía nada

45

Mingueza!!!! O seu tiro cruzado acabou na man de Sergio Herrera

46

Segundo tempo en xogo. Sen trocos no Celta

54

O primeiro intento do segundo tempo é de Bryan Zaragoza cun remate que marcha á dereita de Guaita

56

Remate moi forzado de Borja Iglesias que se vai un pouco alto

57

Agora é Williot o que proba o remate e salva Sergio Herrera

62

Falla Williot un man a man con Sergio Herrera!!! A xogada estaba anulada por fóra de xogo

65

Xa temos no campo a Iago Aspas no lugar de Fer López!!!

69

1-0 GOOOOOOOL DE IAGO ASPAS. Penalti sobre Borja Iglesias cometido por Torró e o de Moaña non perdoa. Tardou 4 minutos en marcar!!!

77

Beltrán e Durán ao campo no lugar de Sotelo e Borja Iglesias

80

Combinan Aspas e Carreira e o disparo do capitán marcha alto

86

Ao campo Iker Losada e Jailson. Marchan Williot e Mingueza. 

92

Gran parada de Guaita a remate de Arnaiz!!!!

96

Final en Balaídos. Un gol de Aspas permítelle ao Celta sumar o segundo triunfo como local e igualar co Osasuna con 32 puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade