Publicador de contidos

O Celta perdoa e As Palmas acaba gañando no último minuto do engadido (2-1)

O Celta perdoa e As Palmas acaba gañando no último minuto do engadido (2-1)

O colexiado anulou un gol a Larsen, que estrelou dous remates nos paus

Douvikas marcou primeiro mediado o segundo tempo

No 84 empatou Jonathan Viera e no 97 Cardona conseguiu o gol da vitoria canaria

G24.gal 02/10/2023 19:45 Última actualización 02/10/2023 23:01

Minuto a minuto

O empate contra o Alavés non deixou nada satisfeitos a técnicos e seareiros do conxunto vigués. En Gran Canaria, e contra outro recentemente ascendido, teñen unha nova ocasión de demostrar a calidade como equipo e levantar o voo neste inicio de temporada. 

Aspas, suplente!!!! Douvikas será o acompañante de Strand Larsen. Tamén entran no 11 Dotor e Manu Sánchez.

Balón en xogo en Gran Canaria!!!!

8

Acumula moita posesión As Palmas pero sen ningunha profundidade. O Celta, cómodo en defensa

10

Munir proba desde a frontal pero vaise arriba

14

Erro na saída de Unai, que a piques está de aproveitar Munir

17

Centra Pejiño, toca Sory Kaba e acaba rexeitando con problemas Iván Villar

26

Boa aparición de Manu Sánchez pola esquerda, o seu centro acaba en córner

29

Larsen ao traveseiro!!!! Xogada de Bamba que culmina Strand Larsen na mellor ocasión do Celta

32

Troco nas Palmas. Ao campo o galego Álvaro Lemos por Araújo.

36

GOOOOOOOL de Strand Larsen. Pase en profundidade sobre o dianteiro que canea a Vallés e marca o primeiro ... Ollo que o colexiado consulta o VAR por unha agarrada anterior de Douvikas... E anula o gol!!!

45

Tempo de lecer!!! Discreto o Celta ata o minuto 20 pero despois mereceu marchar en vantaxe ao descanso

46

En xogo a segunda metade!!

49

Outra de Larsen!!!! Pase en profundidade e o noruegués cruza en exceso no man a man!!

53

Iván Villar atrapa sen problemas un tiro de Loiodice

59

Ao pau Strand Larsen!!!!!! Outra máis do noruegués que cruzou diante de Vallés pero atopou o poste

67

0-1 GOOOOOOOOL de Douvikas. Agora sí que vale. Contragolpe maxistral levado por Bamba, asiste a Anastasios que marca por baixo!!!!!!

72

Tentouno Álvaro Lemos, pero marchoulle alto o remate

75

Aspaaas!!! Falta directa que executa o moañés e salva Vallés cunha gran parada

80

Remate moi forzado de Cardona que vai a córner. As Palmas aperta para marcar o gol do empate

84

1-1 Penalti de Starfelt sobre Cardona e Jonathan Viera transforma a pena máxima

87

Kirian recibe só na frontal pero o seu remate vaise arriba

97

2-1 Gol do equipo local. Centro sobre a área, toca Viera e marca Cardona

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos