En directo Celta 2-3 Barcelona
O Celta busca prolongar a súa boa serie antes da parada da Liga
Foto: EFE
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido de Balaídos. Celta-Barcelona. Este é o XI inicial que presenta Claudio Giráldez por parte do Celta
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaBarça ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/QV0dos4Bbu
— Celta (@RCCelta) November 9, 2025
E este é o XI de Flick no Barcelona
📋 𝗢𝗡𝗖𝗘 𝗜𝗡𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 #CeltaBarça pic.twitter.com/79711igHdc
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) November 9, 2025
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Barcelona
Primeira ocasión do Barcelona, cun remate de Lewandowski desde a frontal que saca Radu
E a primeira do Celta leva a Pablo Durán ao man a man, pero crúzase Balde. A xogada estaba anulada por fóra de xogo
Posible penalti de Marcos Alonso. Alberola Rojas revisa a xogada, e sinala a pena máxima
Gol do Barcelona. Lewandowski marca á esquerda de Radu, que chegou a tocar o balón. Celta 0-1 Barcelona
Paradón de Radu no man a man diante de Rashford!!
GOOOOOOOOOOOL do Ceeeeeelta!!!! Contra do equipo vigués e Carreira, que se planta diante o do porteiro, marca no man a man. Celta 1-1 Barcelona
Outra ocasión para Jutglá, que remata moi alto
Ocasión clara do Barcelona. Primeiro remata Fermín e rexeita Ilaix. O rexeitamento caelle a Rashford, que dispara ao pau. E Lewandowski recolle o balón e topa con Radu, que fai un paradón
Outra longa xogada do Barcelona culmina con asistencia de Dani Olmo e volea de Fermín, que marcha desviada
Gol do Barcelona. Asiste desde a esquerda Rashford, e remata Lewandowski para facer o seu segundo gol. Celta 1-2 Barcelona
GOOOOOOOOOOOOL do CEEEEELTA!!!!! Marca Borja Iglesias cun zapatazo desde a frontal para volver establecer o empate. Celta 2-2 Barcelona
Remate de Dani Olmo desde a frontal, e detén con seguridade Radu
Gol do Barcelona. Lamine Yamal colle un balón no segundo pau e remata, toca Radu pero non pode evitar o tanto. Celta 2-3 Barcelona
Descanso en Balaídos. Celta 2-3 Barcelona
Comeza a segunda metade en Balaídos coa vitoria mínima do Barcelona
Remate de Lewandowski á reviravolta, e o balón acaba en córner