O Celta volve á senda do empate contra o Atlético (1-1)
O equipo de Simeone adiantouse aos 6 minutos cun autogol de Starfelt e, a partir de aí, dedicouse a defender con todos os xogadores
A expulsión de Lenglet no 40 aínda meteu máis atrás aos colchoeiros
Empatou Iago Aspas, no día en que igualaba o record de 533 partidos de Manolo
Minuto a minuto
Ás 21:00h comeza o partido de Balaídos. Celta - Atlético de Madrid, que despide a xornada antes da parada polos partidos internacionais
Este é o XI inicial co que Claudio Giráldez buscará a primeira vitoria na Liga
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaAtleti ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/apmxz26Guj
— Celta (@RCCelta) October 5, 2025
E este é o equipo titular que sacará o Cholo Simeone
XI. pic.twitter.com/g5qiaJ06zg
— Atlético de Madrid (@Atleti) October 5, 2025
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Atlético
Primeira ocasión clarísima do Celta!!! Gran xogada de Jutglá, que centra desde a dereita, e Borja Iglesias cabecea moi cruzado desde dentro da área pequena
GOL do Atlético. Contra dos colchoeiros, Pablo Barrios cólle as costas da defensa, e o seu centro desde a dereita acaba meténdoo Starfelt na súa propia portería. Celta 0-1 Atlético
Outra contra do Atlético finaliza cun remate moi cruzado de Giuliano Simeone
Paradón de Radu!!! O romanés saca unha man providencial logo dun remate de Hancko desde a esquerda
Outra do Atlético. Asiste Koke en profundidade a Nico González, e o seu remate marcha arriba
Expulsado Lenglet!! Outra vez por unha entrada sobre Jutglá, agarra ao dianteiro catalán despois de perder o balón e recibe o segundo cartón. Queda con 10 o Atlético de Madrid
Ocasión do Celta! Borja Iglesias remata de primeiras, e para Oblak
Outra do Panda! O remate de Iglesias desde a frontal teno que sacar Oblak con apuros a córner
Descanso en Balaídos. Gaña o Atlético grazas ao autogol de Starfelt no minuto 6, pero no 40 quedou cun home menos tras a expulsión de Lenglet
Comezou xa a segunda parte en Balaídos co 0-1 a prol do Atlético
Damián proba fortuna desde lonxe, pero o balón sae moi cruzado
GOOOOOOOOOOOOOL do Celtaaaa!!!!Empata Iago Aspas, que entrara hai pouco para igualar a marca de 533 partidos de Manolo, aproveitando un balón solto despois dun remate de Borja. Celta 1-1 Atlético
Remata Le Normand un córner que sae lambendo o poste de Radu á saída dun córner
Ocasión agora para Bryan Zaragoza, que recibe escorado á esquerda, e remata abaixo sen problemas para Oblak
Balón en profundidade para Bryan Zaragoza, e anticípase moi atento Oblak cando o Céltico quedaba só
Golpea Aspas desde a frontal, pero o seu remate non colle portería
Dispara Damián desde moi lonxe, e o balón sae preto do traveseiro
Centro desde a esquerda, e a cabezada de Pablo Durán desde o segundo pau non colle portería
Final do partido en Balaídos. Celta 1-1 Atlético de Madrid. Sexto empate a un gol do Celta, que segue sen gañar pero marcha á parada fóra do descenso