O Celta perde no Camp Nou nun partido en que tivo oportunidades dabondo para remontar
Ao Barcelona abondoulle un gol solitario de Pedri
Na segunda metade os vigueses tiveron ocasións clarísimas, pero condenounos a falta de acerto
Minuto a minuto
Xa están os dous equipos no Camp Nou, e xa temos aliñacións titulares. Esta é a de Ariel Broggi. Repite Gabri Veiga no 11, e volve Cervi:
👊 Os nosos once guerreiros para esta noite 💙#BarçaCelta #LaLiga pic.twitter.com/jToMaYSunj
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) October 9, 2022
E esta é a de Xavi Hernández no Barcelona. Lembren que o partido comeza ás 21:00h:
𝐀𝐋𝐈𝐍𝐄𝐀𝐂𝐈𝐎́??#BarçaCelta pic.twitter.com/DYiqguOJQW
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) October 9, 2022
Comeza o partido no Camp Nou
Centro de Jordi Alba, e Ferrán non é quen de conectar o remate en boca de gol
Raphinha conecta un remate duro deste fóra da área, e Marchesín envía o balón a córner cun paradón
Remata Ferrnán Torres desde fóra da área e Marchesín fai outra moi boa parada
GOL do Barcelona. Pedri aproveita un erro no despexe de Unai Núñez e establece o 1-0 sen oposición
Iago Aspas mételle un balón entre liñas a Cervi, pero adiántase Ter Stegen para que o arxentino non remate
Beltrán atopa a Larsen, que remata preto do pau, pero había fóra de xogo
Cae Raphinha na área logo dun contacto con Galán e pide penalti. Munuera Montero di que se tirou
Descanso no Camp Nou. Barcelona 1-0 Celta
Contra do Celta levada por Aspas, asiste a Óscar, e este remata moi desviado
Queda mancado Ter Stegen logo dunha mala caída, está sendo atendido nas costas
Dobre ocasión do Celta: primeiro Larsen e despois Óscar topan coa defensa blaugrana
Rouba Óscar en zona perigosa e asiste a Gabri Veiga, pero o disparo do canteirán peta na barreira
Gol anulado a Larsen por fóra de xogo de Galán. O remate do lateral bateu no pau e caéulle ao noruegués
Remata Ansu Fati desde a frontal, e para Marchesín ben situado
Man a man de Iago Aspas, que remata abaixo, e salva Ter Stegen co pé esquerdo
Remata Hugo Mallo á saída do córner, e o balón marcha moi preto do pau
Paciencia estrela o balón no pau nunha acción invalidada por fóra de xogo de Aspas, pero a posición do moañés parecía correcta
Final do partido no Camp Nou. O Barcelona gañou grazas a un tanto solitario de Pedri na primeira metade. O Celta asediou a portería de Ter Stegen e tivo incontables ocasións, pero non foi quen de empatar