Vehículos coas rodas picadas na ponte internacional de Valença por unhas pezas metálicas esparexidas pola vía

A policía portuguesa está a investigar a procedencia desas chapas
Atención se circulan pola autovía A-55 en dirección a Portugal, porque esta mañá un camión perdeu accidentalmente a carga na entrada a Valença do Miño.
Provocou que preto de medio cento de turismos e camións sufrisen picadas de rodas. A carga que levaba o tráiler eran unhas pezas metálicas afiadas que ao pisalas, estragaron os pneumáticos dos vehículos. A policía portuguesa está a investigar a procedencia desas chapas, porque segundo testemuñas están esparexidas pola autoestrada ata a localidade de Barcelos, a uns 80 quilómetros da fronteira.