Publicador de contidos

Publicador de contidos

Donato recorda o gol que cambiou a historia do Deportivo

Donato recorda o gol que cambiou a historia do Deportivo

O club comezou a celebrar o 25 aniversario da Liga do ano 2000 cunha camisola conmemorativa

Unha obra que recrea o remate de cabeza de Donato descubriuse no Parrote

G24.gal 16/05/2025 21:03

Na Coruña comezaron os actos de celebración do aniversario da Liga que gañou o Deportivo hai 25 anos. Este venres pola tarde houbo presentación dunha camiseta conmemorativa. O acto, celebrado no Parrote polo club, asistiu Donato. O hispano brasileiro foi o primeiro goleador daquela tarde histórica do 19 de maio do ano 2000.

Donato descubriu unha obra que representa a secuencia daquel gol diante do Español. Estará exposta na explanada do Parrote ata o vindeiro 10 de xuño. A camiseta homenaxe ao título de liga xa está a venda online para socios e a partir de mañá na Depor Tenda de Riazor. Óscar Gilsanz lembrou hoxe como viviu él aquel día histórico que nunca esquecerán os deportivistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade