Sánchez centra o discurso na Asemblea da ONU na condena á guerra de Ucraína
Recoñeceu que o conflicto ameaza a prosperidade global pero quixo lanzar tamén unha mensaxe de esperanza
Tamén pediu unha solución política para o Sáhara "mutuamente aceptable"
O presidente do Goberno Pedro Sánchez interveu esta madrugada na Asemblea Xeral da ONU cun discurso moi centrado na guerra.
Di que nos leva a tempos que parecían superados en Europa e considera inaceptables os últimos anuncios de Putin. Rexeitou os referendos nos territorios ocupados. E defendeu unha transición ecolóxica urxente para evitar que países como Rusia usen os seus recursos como arma de guerra.
Recoñeceu que o conflito ameaza a prosperidade global, especialmente a dos países máis vulnerables, pero quixo lanzar tamén unha mensaxe de esperanza.
O presidente do Goberno tamén aproveitou a súa intervención na ONU para pedir unha solución política para o Sáhara "mutuamente aceptable". Dixo que España seguirá apoiando a poboación saharauí e non fixo alusión ao cambio de posición do Goberno co apoio ao plan marroquí de autonomía.