Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para un dos detidos polo acoitelamento dun mozo na Coruña

Prisión para un dos detidos polo acoitelamento dun mozo na Coruña

O outro detido foi posto en liberdade con comparecencias quincenais no xulgado

 O caso atópase baixo segredo de sumario

G24.gal 17/01/2022 10:19

O Xulgado de Instrución número 4 da Coruña decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para un dos varóns detidos en relación ao acoitelamento dun hombre na madrugada do sábado na cidade herculina, acusado dun delito de lesións.

O outro detido foi posto en liberdade con comparecencias quincenais no xulgado, xa que segue investigado na causa.

A agresión tivo lugar pasadas as 3.00 horas da madrugada do sábado na zona do Orzán, despois de que pecharan os locais de ocio nocturno.

O mozo permanece ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O Xulgado número 4 da Coruña instrúe o caso baixo segredo de sumario.

Os dous detidos pasaron na mañá deste luns a disposición xudicial para prestar declaración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade