Derrota clara que complica moito a salvación do Arousa
O Arousa terá algunha opción de acadar o posto de play-out pola permanencia na última xornada, pero son opcións escasas logo da derrota dos de Luisito ante o Leganés B por 3-0. Agora mesmo xa non ten posibilidades de asaltar o 12º posto (que garante a salvación) e só pode pelexar co Marino Luanco (40 puntos) por ese posto que levaría ao descenso ao pior 13º dos 5 grupos. Con 38 puntos quedan os vilagarciáns empatados con Móstoles e Salamanca.
Luis Forcén marcou o primeiro no minuto dez. O Arousa quedou sen capacidade reacción logo de que Diego lograse o 2-0 pouco antes do tempo de lecer. E nada máis volver dos vestíarios, Luis Forcén sentenciaba definitivamente o encontro facendo o 3-0 definitivo. Quixo meterse no partido o Arousa con algunha opción como a testada de Luismi, pero estaba todo decidido.
Os xogadores agradecéronlle os seareiros a viaxe a Madrid.