De la Barrera considera o Deportivo o gran favorito na Primeira RFEF
O coruñés está sen equipo despois de subir co Albacete en Riazor e rexeitar o ano que tiña de contrato
Rubén de la Barrera atópase sen equipo malia que ascendeu o Albacete ao fútbol profesional. O técnico coruñés percibe unha temporada con mais nivel no grupo de primeira federación en que están o Deportivo, Rácing de Ferrol, Pontevedra e o filial do Celta. Con todo considera que o Deportivo será o favorito.
Heroe ao seu pesar, e despois do torrente de emocións que lle supuxo ascender en Riazor, pero co equipo de fóra, e a posterior marcha deste, Rubén de la Barrera pide un tempo morto. Desde a barreira observa a nova Primeira Federación.
De la Barrera tivo unha oferta de fóra, pero optou por evitar precipitacións. E non agocha o seu desexo de volver adestrar o Deportivo.