Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dani Giménez: “Os títulos son para sempre e os anos en Primeira son circunstanciais"

Dani Giménez: “Os títulos son para sempre e os anos en Primeira son circunstanciais"

Discrepa do ERE que fixo o Dépor con Celso Borges ou Keko Gontán 

“Hai que ser realista, tiñamos equipo para estar en Segunda, pero era difícil chegar ao play-off”

Ve o Celta capaz de ir a Europa

G24.gal 09/02/2022 15:44

Pola Zona mixta da Radio Galega pasou un home que sempre fala claro. Actualmente retirado do fútbol profesional, pero un bulebule con moitos proxectos de presente e futuro que falou do Deportivo, do Celta, do Raio Vallecano e do seu desexo de ser adestrador.

Un Deportivo de ascenso

O cambio que deu o equipo branco e azul parécelle ao porteiro fundamental, sobre todo no que acae aos xogadores este ano, sen a lousa do descenso que tiñan algúns ás costas:

“No Dépor están convencidos de que van quedar primeiros, din que empezar ben foi moi importante”

Critica, con todo, como se fixeron as cousas no aspecto laboral e deportivo a principio de tempada. Dani Giménez agora é membro da AFE.

“Amo o Dépor, pero creo que no ERE non se fixeron ben as cousas con Celso ou con Keko. E podo adiantar que estas cousas no futuro non se poderán facer así”

Un equipo sobrevalorado que non rendeu como se agardaba

Pensa tamén que o equipo descendeu porque non tiña o cadro de xogadores que a xente pensaba.

“No Dépor non tiñamos máis ca tres ou catro 'xogadorazos', hai que ser realista, o equipo era para estar en Segunda seguro, pero para estar nun play-off, máis difícil”

Títulos ou presenza en Primeira? Eterno dilema

Ao preguntarlle se prefería ter títulos como presumen os deportivistas ou, pola contra, estabilidade deportiva na máxima categoría como demanda o presidente do Celta, Carlos Mouriño, deixou clara a súa opinión

“Os títulos son para sempre e os anos en Primeira son circunstanciais, oxalá que o Dépor suba e volva haber un derbi por todo o alto”

“A afección do Dépor é de Primeira División e é das mellores sen dúbida ningunha. Pónseme a pel de galiña só en pensar o cariño que me dá a xente cando vou por Coruña. Penso acabar vivindo alí"

Dani Giménez nunha rolda de prensa cando era porteiro do Deportivo Dani Giménez nunha rolda de prensa cando era porteiro do Deportivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos