Cristóbal Parralo enfróntase ao seu pasado diante do Español
O adestrador do Rácing xogou coa camisola españolista durante seis temporadas
A porta 2 de Cornellá leva o seu nome
Foi o que fichou a Luís García en 2005 cando era director deportivo
Cristóbal Parralo é unha lenda do Español. O equipo en que máis tempo estivo durante a súa carreira. Foron seis existosas temporadas (95-01) en que xogou máis de 200 partidos. O lateral dereito era del, tanto que cando lle puxeron nome ás portas do novo campo de Cornellá a número 2 os socios elixiron que levase o seu nome.
Parralo tamén exerceu como director deportivo. En 2005 foi o que trouxo a Luís García, agora técnico españolista, ao club. Todos eses condicionantes non o condicionan para o partido e agarda que o Rácing poida sacar algo positivo no desprazamento.
"Hai uns meses eles estaban en Primeira e nós en Primeira Federación. Respectámolos, pero non temos medo".
Levo o Español no corazón. É un orgullo que me elixiran os socios, é o equipo ao que máis agarimo lle teño