Cargando resultados...
Coruxo e Deportivo non teñen tino cara á portería contraria (0-0)
Nunha tarde marcada pola calor, as ocasións foron escasas
G24.gal
08/08/2023 23:25
Coruxo e Deportivo empataron sen goles nun amigable xogado no campo do Vao. Unha tarde marcada pola forte calor en que ningún dos dous equipos conseguiu estar atinado cara á portería contraria.
Nun primeiro tempo con escasos achegamentos hai que salientar un remate de Andriu para os locais e outro de Zalazar para o cadro deportivista.
Cos trocos mellorou o partido para o Deportivo que tivo un par de ocasións claras para resolver no segundo tempo. Lucas Pérez e Martín Ochoa foron os que tiveron o gol nas súas botas.