Cargando resultados...
Empeza a quecer o ambiente para o Deportivo-Pontevedra
O equipo coruñés xogará o partido adiado contra o Talavera o vindeiro 28 de setembro
G24.gal
14/09/2022 20:15
Este domingo temos derbi da Primeira Federación na G2. O Deportivo recibe o Pontevedra en Riazor. Os coruñeses buscan mellorar as sensacións deste inicio de liga e conseguir a terceira vitoria consecutiva diante dun Pontevedra que suma catro puntos en tres xornadas e ocupa a parte media da táboa.
O cadro coruñés tamén coñeceu a data do partido adiado contra o Talavera, que tiña que xogarse na primeira xornada do campionato. Será o mércores, 28 de setembro, no Municipal de Riazor.