Publicador de contidos

Publicador de contidos

Co traballo feito sobre o campo, comeza a planificación do Celta nos despachos

Co traballo feito sobre o campo, comeza a planificación do Celta nos despachos

Un dos obxectivos é prolongar o vencello dos cedidos Borja Iglesias e Ilaix Moriba

G24.gal 26/05/2025 21:16

O celtismo deuse unha grande homenaxe nun ano para celebrar. Final de curso con matrícula de honra e pasaporte para Europa. O logro inesperado dun equipo repleto de canteiráns e liderado por un home da casa, que leva por bandeira a valentía, a ambición e autoestima. Esixencias maiores que o Celta debe empezar a planificar. Primeiro a dos xogadores en préstamo, como o máximo goleador, Borja Iglesias, claro no seu desexo de quedar. Ilaix Moriba, outra peza clave no centro do campo. Marián Mouriño ten un mandato da afección, fichalo.

Iago Aspas protagonista unha vez máis co gol da vitoria en Xetafe, volverá a Europa como prometera na súa última temporada con contrato. E con mentalidade planificadora avanzou hai uns días 5 fichaxes. Danse por seguras as saídas de Vicente Guaita e Alfon. Os "feito na Madroa" serán protagonistas nesta aventura europea do Celta, a decima en pouco máis de cen anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade