Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio non dá por pechado o mercado do Celta: "Hai algún rol que podemos mellorar"

Claudio non dá por pechado o mercado do Celta: "Hai algún rol que podemos mellorar"

O técnico celeste está moi contento co equipo co que vai comezar o campionato diante do Xetafe

"O primeiro é garantir a permanencia e logo, ser ambiciosos", dixo o porriñés sobre os obxectivos da temporada

G24.gal 16/08/2025 14:24

O Celta ten todas as fichas cubertas pero Claudio Giráldez non dá por pechado o mercado. "Estou contento co equipo que temos, pero hai algún rol que poderiamos mellorar", confesou na conferencia de prensa previa ao partido diante do Xetafe. "O máis importante foi manter a Ilaix, Borja, Carreira ... polo seu nivel futbolístico e polo que achegan no vestiario", asegurou Giráldez. 

A configuración do cadro tamén ten unha mensaxe segundo o adestrador: "Temos trece xogadores no primeiro equipo que pasaron polo filial, e outros tres con ficha do Fortuna. E tamén trece galegos, é unha mensaxe de como está facendo as cousas o club e para as categorías inferiores". 

Esta primeira comparecencia da temporada serviu para marcar os obxectivos deste ano: "O primeiro é garantir a permanencia, logo ser ambiciosos. Temos a sorte de poder amosarnos nunha competición máis", confesou Giráldez. 

O rival, o Xetafe, ten sen inscribir boa parte das fichaxes deste ano pero malia iso o adestrador celeste non se fía. "Sempre é un rival incómodo, vende caro cada metro cadrado do terreo de xogo e a idea do seu adestrador -Bordalás- é a mesma". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar