'Cigarreirras' e 'Othello', favoritas aos María Casares, con 8 candidaturas
Na festa de finalistas celebrada esta tarde no Auditorio de Galicia de Santiago comunicáronse os finalistas
Catorce espectáculos competirán nesta vixésimo sexta edición dos galardóns máis importantes do teatro galego
A entrega de premios será o o 2 de xuño no Teatro Rosalía da Coruña
Os María Casares apostan por dúas obras con marcado acento feminino. Cigarreiras de Candido Pazó, baseado nun texto de Pardo Bazán e con sete actrices en escena, suma dúas finalistas na categoría de mellor actriz protagonista con Tamara Canosa e Susana Dans, ademais da escenografía, vestiario, maquillaxe e a dirección e adaptación do propio Pazó.
Fronte a elas, Othello, a versión de Marta Pazos da obra de Shakespeare. Un espectáculo que lle dá voz a Desdémona e convence á asociación de actores e actrices de Galicia en categorías coma iluminación, escenografía, vestiario, maqueillaxe, adaptación e en actor secundario con Hugo Torres.
As seguintes obras importantes na listaxe destes María Casares son A lúa vai encuberta, dirixida por Tito Asorey, que conta con 7 finalistas e o Terceiro acto do Centro Dramático Galego, que suma seis, con especial importancia para o seu elenco no que Belén Constenla opta a mellor actriz e Roberto Leal e Tatán, a mellor actor.
O resultado saberémolo o vindeiro 2 de xuño na Coruña, no teatro Rosalía de Castro, en pleno ano de homenaxe á actriz que leva o nome dos premios máis importantes do teatro galego, os María Casares.