Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mortos nun tiroteo en Novo México

Catro mortos nun tiroteo en Novo México

Ao atacante, un mozo de 18 anos, un dos falecidos, abateuno a policía

O rapaz matou tres persoas despois de ir disparando a eito nunha zona residencial

Durante o tiroteo utilizou tres armas diferentes

G24.gal 16/05/2023 08:41 Última actualización 16/05/2023 09:19

Un mozo de 18 anos disparou indiscriminadamente nun barrio residencial con varias escolas en Novo México. Cando menos morreron catro persoas, foron tres as vítimas mortais que recibiron os disparos do atacante, que foi abatido pola policía da pequena localidade de Farmington.

Hai ademais nove feridos, entre eles dous axentes. Parece ser que o atacante utilizou tres armas diferentes, que foi usando mentres deambulaba pola veciñanza, disparando a eito a calquera obxectivo, non só a persoas, tamén a casas e coches. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade