Case a metade dos pacientes que se atenden en urxencias son cativos
Medran moito os casos de escarlatina e a enfermidade da lapada
Practicamente a metade das consultas médicas de urxencia estas últimas semanas son para atender cativos, especialmente por dúas patoloxías: a enfermidade da labazada e a escarlatina. As dúas son moi contaxiosas, pero non hai que alarmarse, porque son enfermidades infecciosas para as que hai tratamento e que non adoitan derivar en complicacións.
A enfermidade do lapote é típica desta época do ano. Un virus que provoca síntomas semellantes a unha gripe, con algo de febre e erupcións moi características na pel. Cando saen as manchas xa non é contaxioso.
Lorenzo Armenteros, voceiro da Asociación Española de Médicos Xerais e de Familia, di que o este eritema infeccioso pode ter un período de incubación de 20 días. Por iso, aínda que xa remataron as clases, pode estar manifestándose agora. Máis frecuente entre cativos dos 5 aos 15 anos. O tratamento pasa por antipiréticos para calmar a febre e algunha crema para aliviar o proído.
Tamén se están a rexistrar moitos casos de escarlatina, unha bacteria cun período moito máis curto de incubación, de apenas tres días. Lorenzo Armenteros di que ás veces a bacteria desprende unha toxina que afecta á pel e dá lugar á coloracións moi vermellas e rechamantes na pel. A escarlatina trátase con antibióticos.