Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campos aposta de xeito firme por Luca de la Torre

Campos aposta de xeito firme por Luca de la Torre

Xogará o Mundial cos Estados Unidos e destacou esta temporada na liga neerlandesa co Heracles

Asina co Celta por 2 millóns de euros

G24.gal 08/07/2022 07:17

Moito movemento nos despachos do Celta nas últimas horas coa confirmación dalgunhas das operacións abertas desde hai tempo. Unha delas é o interior Luca de la Torre, que chega a Vigo procedente do Heracles por uns dous millóns de euros

De La Torre é un fixo na selección dos Estados Unidos que vai xogar no Mundial de Qatar. Ten 24 anos e realizou unha temporada moi destacada na liga neerlandesa. Manéxase coas dúas pernas e será un xogador puro de banda que pode encaixar ben no estilo de Coudet. 

O internacional está moi adaptado ao fútbol europeo. Fichou polo Fulham en idade xuvenil ata que subiu ao primeiro equipo. En 2020 asinou co Heracles, onde o seu xogo e o seu rol dentro do equipo medraron moito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos