Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan o dono dun sobre con 200 euros que atopou un varredor de Sarria

Buscan o dono dun sobre con 200 euros que atopou un varredor de Sarria

No sobre ademais dos cartos había unha mensaxe que será a clave para identificar o dono

O varrendor deu o seu teléfono particular para localizar o propietario

G24.gal 06/08/2024 15:04

Javier limpaba coa súa vasoira a beirarrúa cando viu o sobre no chan. Colleuno e viu que estaba cheo de cartos. "Dinlle coa vasoira para o recolledor e vin que estaba moi limpo, estaba pechado, e vin que tiña cartos", conta o varredor que atopou os cartos.

Dentro do sobre ademais dos cartos había unha mensaxe e esa é clave para dar co dono. "É o que me vai servir para identificar o dono. Chamou unha rapaza porque fixeron a prevoda o venres e podía ser un agasallo, pero os datos que me deu eran confusos", explica Javier Fernández.

En ningún momento Javier pensou en quedar cos cartos, pero que pensan na rúa. "Se non hai ninguén, ese é o dilema, onde o deixas a quen llo das", di unha turista. Este veciño asegura que: "Eu teño claro que o entregaría".

Semella que a cantidade importa á hora de tomar unha decisión. "Eu quedaría con eles, se fosen máis cartos, si que os devolvo, pero 200 euros quedo con eles", comenta esta moza. Estoutro veciño di: "A metade seguro que quedaban con eles, eu non sei que faría".

Desde que encontrou o sobre Javier publicouno en medios locais e nas redes sociais na procura do dono, pero de momento sen éxito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos