Cargando resultados...
Breogán e Obradoiro afrontan unha nova xornada na Liga ACB
G24.gal
26/11/2022 13:38
Gastadas oito xornadas de liga, resulta máis que raro non ver o Real Madrid ou o Barcelona liderar o campionato da ACB. Pero é que, polo de agora, o mellor equipo chámase Tenerife. Gañou sete dos oito partidos disputados e é o conxunto que menos puntos recibe. Con esas credenciais chega a Lugo, onde o ano pasado caera con claridade.
O Obradoiro visita mañá a pista do UCAM Murcia. Cancha sempre difícil, pero o equipo de Sito Alonso vive inmerso nas dúbidas. Nunha semana derrotou o potente Joventut e recibiu unha malleira co Real Madrid que fixo moito dano.
Os galegos queren que a novena xornada os devolva ao camiño das vitorias.