Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias: "Na miña cabeza a única opción era o Celta"

Borja Iglesias: "Na miña cabeza a única opción era o Celta"

"Aparecían outras cousas, pero ao final o que quería era xogar no Celta, e iso foi o que pesou", asegura o dianteiro santiagués

G24.gal 13/08/2025 15:58

Borja Iglesias falou para a canle do club sobre o regreso ao Celta. "Na miña cabeza a única opción era volver", asegura o dianteiro celeste. Foi un verán longo porque tardou case cincuenta días en chegar o acordo entre o Betis e o cadro vigués nos que o Panda mesmo tivo outros ofrecementos: "Pasaban os días, aparecían outras cousas pero ao final o que quería era xogar no Celta e iso foi o que pesou".

Con respecto á temporada agarda que se viva dentro do vestiario e coa afección do mesmo xeito que a pasada. "Hai que ir día a día, asegurar a permanencia e logo soñar. Este xeito de pensar funcionounos o ano pasado e non imos cambiar", confesou Borja Iglesias. 

"Aquí volvinme a sentir importante, achegando dentro ou fóra do campo. O que vivín aquí estivo de acordo coa expectativa que tiña e vin un crecemento de todos. Grazas a iso conseguimos o obxectivo", asegurou Iglesias sobre o que aconteceu o ano pasado coa clasificación europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade