Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias cumpre o seu soño e xogará no Celta

Borja Iglesias cumpre o seu soño e xogará no Celta

O Betis e o club vigués chegaron a un acordo para o traspaso do dianteiro que será propiedade do Celta as vindeiras dúas temporadas, con opción a unha terceira

G24.gal 11/08/2025 13:19

Parafraseando a Bryan Zaragoza, "o bo faise agardar". No caso de Borja Iglesias fíxose agardar máis de corenta días. Claudio Giráldez contaba con el para o inicio da pretemporada pero o Betis non deu o seu brazo a torcer. Apurou as negociacións ata o final pero a unha semana do inicio do campionato Borja xa é xogador do Celta. 

O Betis saca 1,5 millóns fixos que poderían chegar a 2,5 segundo variables ademais de librar unha ficha alta dentro do seu equipo. O Celta contrata o dianteiro que quería no mercado cun custo razoable grazas a que o xogador accedeu a unha rebaixa importante da súa ficha. E Borja Iglesias cumpre o seu soño de xogar no Celta e ás ordes de Giráldez, o adestrador que relanzou a súa traxectoria deportiva. Parece que ao final todos quedan satisfeitos co resultado.

Será unha fichaxe de adaptación "exprés" porque o Panda coñece á perfección o vestiario e o que lle vai pedir o adestrador. O ano pasado converteuse no dianteiro titular do equipo -en calidade de cedido- e máximo goleador con dobres díxitos. O serial chegou á súa fin. Haberá que ver o seu estado físico pero realizou toda a pretemporada co Betis sabendo que, tarde ou cedo, este momento ía chegar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade