Benítez pide calma: "Estamos expectantes para ver a reacción do equipo"
O adestrador do Celta fala de "confianza plena" da directiva malia o mal inicio de campionato no tocante aos resultados
Valora o troco de sistema: "Gustaríame ir a catro, pero cos cinco fixemos moitas ocasións"
O Celta afronta diante da Unión Deportiva As Palmas este luns un partido que cobrou moita importancia despois do empate do xoves contra o Alavés. Ao inicio do campionato as sensacións eran moi boas pero os resultados non chegaban. Con todo, contra o equipo vitoriano o equipo sacou un punto pero mereceu perder, cunha imaxe que está lonxe da que pretendía o adestrador.
"Estamos expectantes para ver a reacción do equipo", comentou Benítez en conferencia de prensa. Tamén quixo deixar claras outras mensaxes de cara ao futuro.
"Os proxectos precisan tempo, tres anos non son tres meses".
"Oxalá poidamos reaxustar en xaneiro para aumentar a competitividade".
"A directiva está co proxecto ao 100 %".
"Durante moitos anos faltou a estabilidade no banco e a calma na clasificación para logo prosperar, e o club aprendeu diso".
"Gustaríame ir a defensa de 4, pero cos 5 atrás fixemos moitas ocasións".