Cargando resultados...
Benítez, incrédulo cando descobre que na Liga non hai tecnoloxía de gol
Benítez, incrédulo cando descobre que na Liga non hai tecnoloxía de gol
G24.gal
16/09/2023 21:39
O Celta volveu perder en Balaídos. E xa son tres veces, tantas como actuou como local nesta Liga. Esta tarde tampouco puido co Mallorca, ao que dominou e creou un feixe de ocasións. No minuto 69, Balaídos mesmo cantou gol. Foi logo dunha asistencia de Iago Aspas que rematou Bamba. O árbitro concedeu gol, pero o VAR revisou a xogada e determinou que o balón non traspasara totalmente a rede. Rafa Benítez queixouse de que na Liga non haxa a tecnoloxía de gol.
"Igual estou acostumado a outro nivel, paréceme sorprendente".
"É mellor gastar o diñeiro niso e non ver como pon un xogador os pantalóns"