Benítez: "Alguén nunha oficina asubiou unha acción que nunca se pita"
Benítez: "Alguén nunha oficina asubiou unha acción que nunca se pita"
O adestrador do Celta considera que a decisión do VAR de anular o gol de Larsen condicionou o partido
Outra xornada máis en que Rafa Benítez acaba amolado polas decisións arbitrais. Aconteceu contra o Real Madrid, contra o Mallorca... e agora contra a Unión Deportiva As Palmas. O gol anulado a Strand Larsen no primeiro tempo espertou as iras do técnico celeste.
"Alguén sentado nunha oficina asubiou unha acción que acontece cen mil veces nun partido e que nunca se pita", sentenciou Benítez en conferencia de prensa. Para logo engadir: "Poste por diante e xeras ocasións pero sempre acabas igual. Penaltiño, un fóra de xogo... e acabas cedendo un partido en que xeraches moitas situacións".
"É moi difícil explicarllo a un afeccionado cando tes que remar contra corrente", seguía comentando o adestrador, que centrou toda a súa comparecencia no acontecido coa actuación arbitral.