Cargando resultados...
Beltrán, á TVG: "Os árbitros están xogando coa nosa posición na táboa e co noso futuro"
O centrocampista considera que "ten que prevalecer a opinión do árbitro en directo antes que unha imaxe a cámara lenta"
G24.gal
05/10/2023 15:43
Antes de recibir a visita do Xetafe, Fran Beltrán atendeu en Afouteza a Televisión de Galicia. O mediocentro, indiscutible ata o de agora para Rafa Benítez, está preocupado polas actuacións arbitrais pero con moito respecto á hora de dicir o que pensa.
"Falar dos árbitros é difícil, poden sancionarte. O árbitro, ás veces, ten que prevalecer sobre unha imaxe a cámara lenta".
Tamén falou Fran Beltrán sobre a posibilidade de incorporar un xogador no mercado invernal para a súa posición. Malia a competencia, o madrileño considera que "pode virnos ben. Sempre é bo que veña xente de nivel. Cando estaba Lobotka aprendía del".