Cargando resultados...
Austria levanta o confinamento e a partir de febreiro a vacinación será obrigatoria
Austria levanta o confinamento e a partir de febreiro a vacinación será obrigatoria
Os non vacinados só poderán saír da casa para ir ao traballo, realizar compras esenciais, pasear ou facer exercicio físico

G24.gal
13/12/2021 08:00
Austria levanta o confinamento á poboación, excepto aos non vacinados. Estaba vixente dende o pasado 22 de novembro. Os non vacinados só poderán saír da casa para ir ao traballo, realizar compras esenciais, pasear ou facer exercicio físico.
Ademais tamén terán que presentar probas negativas cada 48 horas no traballo. A partir de febreiro será obrigatoria a vacinación, con multas de ata 3.600 euros para os maiores de 14 anos que non se vacinen.