Publicador de contidos

Aumentan os casos activos, os hospitalizados e caen os contaxios en Galicia pola covid

Aumentan os casos activos, os hospitalizados e caen os contaxios en Galicia pola covid

G24.gal 30/10/2021 10:02

A pandemia de coronavirus segue a deixar esta xornada un lixeiro incremento nos seus indicadores en Galicia.

As infeccións aumentan; con datos das 18 horas do venres había ata 512 persoas contaxiadas co virus (+7). Tamén incrementa o número de persoas que precisan ingreso, con 29 persoas nos hospitais, (+4). Son 5 as que ocupan camas nas UCI, (+2) e tamén son dúas máis en cama convencional, 24.

O mellor dato está nos contaxios diarios, que caen ata os 38, cunha baixada de 18 persoas menos diagnosticadas nas probas realizadas.

Os falecidos durante a pandemia notificados polo Sergas son 2.652 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade