Cargando resultados...
Atracado no porto da Coruña un buque chinés que perdeu dous guindastres da súa carga
O barco permanecía fondeado na ría de Ares á espera de estar en condicións óptimas para entrar ao peirao

G24.gal
17/12/2024 10:50
Atraca este martes no porto exterior da Coruña o barco chinés Shang De Wu Yi Shan, que perdeu durante a súa navegación pola ría de Ares dous grandes guindastres que transportaba a bordo, que danaron parcialmente o buque.
A tripulación pediu auxilio ás autoridades españolas o pasado venres á noite por un "corremento de carga" que esnaquizou as estruturas, segundo detallou o servizo de Salvamento Marítimo.
Dende entón, o barco, de 169 metros de eslora, permanecía fondeado na ría de Ares á espera de estar en condicións óptimas para entrar ao porto exterior de punta Lagosteira, onde xa se atopa para descargar o resto dos guindastres.