Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atacan cun cóctel molotov o centro que vai acoller menores migrantes en Monforte

Atacan cun cóctel molotov o centro que vai acoller menores migrantes en Monforte

A Policía investiga o lanzamento desta bomba caseira que causou un incendio no baixo e numerosos danos

Imaxe do baixo atacado. FOTO: Xunta
G24.gal 20/09/2025 12:39 Última actualización 20/09/2025 13:50

A Policía Nacional investiga o ataque cun cócte molotov contra o edificio do municipio lucense de Monforte de Lemos que vai albergar o centro da Xunta para acoller menores migrantes non acompañados.

Os feitos producíronse sobre as 3:00 horas deste sábado cando saltou a alarma do baixo da entidade social Prodeme. Unha bomba de fabricación caseira entrou pola fiestra e provocou un incendio.

Parte do inmoble, onde se sitúa un comedor, quedou esnaquizado e o fume afectou o resto do edificio. Ata o punto desprazáronse os bombeiros e varios axentes. Xa pola mañá, achegouse a Policía Científica para analizar o perímetro e solicitar probas.

O ataque prodúcese unha semana despois de que a conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciara a creación deste centro, que contará con 80 prazas.

A titular do departamento condenou "con toda a firmeza" a agresión e pediu "prudencia" para que a Policía Nacional continúe coa investigación e "aclare canto antes" o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade