Cargando resultados...
O Celta avanza nas negociacións para incorporar a Aster Vranckx
Internacional belga de 20 anos, pertence ao Wolfsburgo, e a temporada pasada xogou como cedido no Milan
G24.gal
05/07/2023 21:38
O mercado do Celta está nun momento cálido. A marcha de Renato Tapia ao Lión fai que quede un oco no centro do campo. E aí está movéndose rápido para buscar un substituto.
O nome polo que acelera é o de Aster Vranckx. Un xogador do ano 2002 (ten 20 anos, fará os 21 en outubro) que foi internacional con Bélxica en categorías inferiores e acaba de debutar coa absoluta.
No fútbol de clubs destacou moi cedo no Malinas, e iso fixo que o Wolfsburgo apostase forte por el. Xogou unha temporada na Bundesliga, e o ano pasado marchou cedido ao A. C. Milan, co que tivo pouco protagonismo.